Thursday 18 de April de 2024

A Xunta emenda un punto de vertido de augas residuais urbanas na parroquia de guísamo, no concello de Bergondo


Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o punto de vertedura nunha parcela particular no lugar de San Paio

A Xunta de Galicia vén de emendar un punto de vertido de augas residuais urbanas na parroquia de Guísamo, no concello de Bergondo.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron o vertido no transcurso dunha inspección efectuada no lugar de San Paio en compañía do persoal municipal. O vertido estaba provocado pola rotura do colector de saneamento que pasa pola zona, filtrando as augas residuais na vía pública.
O persoal de Augas de Galicia requiriu ao Concello a adopción das medidas necesarias para a emenda do vertido, realizando posteriormente diversas inspeccións de seguimento por parte dos técnicos da Xunta para avaliar a afección causada polo vertido.
Nunha recente inspección, e tras varios requirimentos efectuados ao Concello, os inspectores da Xunta confirmaron que o vertido quedou eliminado, tras unhas obras realizadas na zona pola Deputación da Coruña.